O capitán araña
Xoves 23 Setembro 2010 as 10:09 am Xoán Gato só pode ser membro dun colectivo mentres se acepte que el manda e o resto do mundo obedece sen chistar
Nin "arre" nin "xo". Así pode resumirse a posición política actual de Xoán Gato. Como ten todo o dereito a ter ambicións políticas, como calquera, non vou facer comentario algún sobre o seu desexo de ser alcalde de Ferrol, aínda que non sei se o resto de lectores deste periódico non estarán un pouco fartos do baile de declaracións das últimas semanas: preséntome, non me presento, non sei se me vou presentar, débome á Cámara, este non é o momento, preséntome, teño que falar coa Cámara, a ver se me vou presentar, etc. É a súa forma habitual de acadar espazo nos medios, así que, se ao periódico e aos seus lectores non lles amola, eu non digo nada.

Hoxe, leo na prensa:
SEGUEN VOSTEDES A PROMOCIONAR A ESPAÑA CAÑÍ, cousa que non me preocuparía en absoluto se non fora que o fai co noso diñeiro, no noso nome e como Ministro de CULTURA.
Hai un asunto na declaración da renda que pasa desapercibido ata que lle toca a un, ou a alguén que coñecemos, porque resulta moi abusivo e incomprensible, pero cada vez, por desgraza, afecta a máis persoas.


