A Lei de Augas de Galicia
Mércores 09 Febreiro 2011 as 12:00 am A XUNTA OBRIGARÁ A INSTALAR CONTADORES NOS POZOSAnte as dúbidas plantexadas nas últimas semanas sobre a decisión da Xunta de Galicia de obrigar aos propietarios de pozos e traídas particulares a instalar un contador para medir o consumo de auga, Terra Galega quere especificar o que di a lei aprobada polo Parlamento galego cos únicos votos do PP.
A Lei 9/2010, de 4 de novembro, de aguas de Galicia establece a obrigatoriedade de pagarlle á Xunta de Galicia un canon de saneamento aos propietarios de pozos vencellado ao seu consumo de agua, así como a instalar un contador que permita determinar ese consumo.
