Nova sede de campaña de Tega Narón
Domingo 03 Outubro 2010 as 12:57 pm Blanco: “Somos un partido molesto porque estamos preto da xente”
O alcalde de Narón e candidato de Terra Galega á reelección, José Manuel Blanco Suárez, actuou onte de mestre de cerimonias na inauguración do local de campaña desta formación política, que está situado na estrada de Castela, nas inmediacións do consistorio.
O acto contou coa presenza dos edís do goberno naronés e de integrantes de TEGA en Neda e Ferrol.
Blanco asegurou que a situación do partido en Narón é moi boa, "con unha unidade total en defensa da ideoloxía e do traballo que realiza o grupo municipal, e neste camiño seguiremos coa idea de revalidar a maioría nas próximas eleccións ou incluso de retomar a maioría absoluta".
